Un lugar onde seguir aprendendo e compartir as experiencias da escola
lunes, 29 de noviembre de 2010
Anxo Moure en Bemantes
O pasado venres, subido no seu "Paztinete", Anxo Moure visitou a nosa escola, tamén as escolas de Ombre, Vilanova e Boebre, e as nenas e nenos e tamén @s mestr@s, puidemos disfrutar da súa imaxinación e do seu talento atrapando contos:solidaridade, amor, xustiza, ecoloxía, paz, imaxinación, viaxes, mestúranse nas historias de Anxo, que fixo participar ao alumnado dos contos e convidounos a tod@s a disfrutar pero tamén tomar conciencia dos valores que deben inspirar non só a educación, senón a vida en sociedade. Agardando unha nova visita, grazas Anxo!
Aquí vos deixamos un anaco da súa visita ao cole:
Untitled from Lois Diaz on Vimeo.
martes, 23 de noviembre de 2010
Comezaron as xornadas de "Cóntamo, avoíña"
Unha das actividades deseñadas no proxecto de fomento do uso do galego é "Cóntamo, avoíña"; actividade consistente na transmisión oral por parte dos avós e avoas ou familiares do alumnado de contos, lendas, recordos da infancia...Ler, escribir ou falar están vencelladas tamén a escoitar. A saber escoitar, que implica atender, entender, pensar. Dalgún xeito estes procesos van da man: ler pode inducir a escribir, falar comporta escoitar, pero ler pode dar orixe a falar, e escoitar pode levarnos a escribir; en definitiva, estes catro procesos fomentan a competencia lingüística. Cobra especial importancia entón que aquelas experiencias que achegamos ao alumnado estean conectadas coa súa realidade, neste caso a través dun familiar de máis idade, para así aumentar o significado do que escoitan.
O venres pasado visitounos logo do recreo, no espazo diario ao fomento da lectura, José Luis, o tío de Artur, alumno de Educación Infantil.
Ao longo de media hora, José Luis contounos os seus recordos sobre a infancia e a escola, pero tamén sobre os xogos cos que ocupaban o tempo de lecer, os traballos da casa e algunhas cousas máis. Así, os nenos e nenas souberon que a imaxinación e non as cantidades industriais de xoguetes, era a ferramenta fundamental para pasalo ben cos amigos/as. Soubemos tamén que na casa os nenos/as tiñan que axudar co coidado dos animais ou indo a buscar auga.
Ademais, falounos sobre a escola, sobre as pizarras que se usaban e que había que borrar con cuspe, ademais dalgúns castigos que eran habituais por parte do profesorado: colgar orellas de burro, golpes nas mans ou na cabeza...
Pero cecais a lección máis importante foi a reflexión que fixo cara o final: dárlle valor ás cousas que se teñen, e á oportunidade de poder aprender, nunhas condicións actuais que os nenos e nenas doutras épocas non tiveron na maioría de casos.
O alumnado escoitou con bastante atención, e houbo unha quenda de preguntas que José Luís respostou con grande paciencia. O feito que máis lle chamou a atención ao alumnado foi a cantidade de cousas que non había noutro tempo.
A próxima sesión desta actividade correrá a cargo do pai de Xurxo, e será o venres 3 de decembro, que nos contará con detalle en que consiste o seu traballo nun laboratorio.
Este venres 26 sustituímos a actividade de "Cóntamo, avoíña" pola visita de Anxo Moure, ecoloxista e atrapador de contos( e moito máis...), que visitará o centro e atrapará contos para nós.
Aquí deixámosvos un anaco da intervención de José Luis, agradecéndolle de novo a súa visita:

miércoles, 17 de noviembre de 2010
Saída á Coruña: Aquarium e Museo de Belas Artes...
O pasado venres fixemos unha saída didáctica á Coruña, co obxectivo de coñecer e aprender cousas sobre o mar e a súa fauna, e doutra banda, familiarizarse cos museos, no camiño de poder percibir os mesmos como unha oportunidade de pasalo ben aprendendo. Compartimos a saída cos nenos e nenas da escola de Vilanova e a lectura que facemos é positiva. No Aquarium, había certos nervios por ver ás quenllas, e mesmo algúns nenos agochábanse atrás dos mestres, pero finalmente case houbo que sacalos á forza porque non querían irse.
A experiencia do Museo de Belas Artes foi interesante tamén. Os nenos e nenas da escola recoñeceron ao instante algúns dos cadros que xa estiveran traballando con Deya os días anteriores á saída: Seoane, Sorolla, Picasso, Isaac Díaz Pardo...É unha mágoa que os museos non estean tan incorporados ao tempo de lecer como o cine ou o teatro(aínda que sempre hai excepcións), de calquera xeito estamos moi satisfeitos do resultado final.
O grupo de Primaria viu algunhas esculturas e tamén cadros de Carlos Maside, e o mestre, descubriu un cadro que lle resultaba familiar: Gabinete dun Coleccionista. O motivo era unha portada dun libro imperdible de George Perec: Gabinete dun afecioado, e a súa portada era hipnótica e misteriosa. O que menos podía agardar o mestre era atopala nun museo da Coruña ao lado dos alumnos/as. Esta semana traballaremos algo coa portada deste libro que xa deu para un ditado de Lingua Galega, e pintaremos o Gabinete dun Coleccionista, obra de Frans Francken(1581-1642).
jueves, 11 de noviembre de 2010
Chegou o Magosto!
miércoles, 10 de noviembre de 2010
4 de novembro: Día da Ciencia en galego
O pasado xoves celebramos o Día da Ciencia en Galego, unha pertinente iniciativa se entendemos que na escola debe poñerse en contacto ao alumnado coas manifestacións máis valiosas e importantes do coñecemento e do saber. Deste xeito, falamos na aula da ciencia, ou o que os nenos e nenas entendían por ciencia, conversa na que por exemplo puidemos escoitar o seguinte: "la ciencia son cosas que vuelan por error" Falamos dos grandes inventos da historia da humanidade: as letras, a roda, a imprenta, a electricidade, a locomotora, o avión, o teléfono...Fixemos un achegamento a James Maxwell, Afonso X o Sabio, e Juan Aller, as tres figuras homenaxeadas este ano, e o alumnado puido ver a proxeción dun vídeo sobre os primeiros intentos das persoas por conquistar o aire, e a continuación uns debuxos animados sobre os irmáns Wright, os inventores do avión. A organización científica que promoveu esta xornada agasallounos con dous papaventos, dúas máquinas voadoras primixenias, pero a ausencia de vento da semana pasada fixo imposible que as puideramos voar. E o temporal desta semana tampouco. A ver se o xoves temos máis sorte...Aquí van algunhas imaxes da xornada, mesmo pintamos ao Maxwell!
martes, 9 de noviembre de 2010
Ecos do Samaín: mañá meiga en Bemantes
Vai para dúas semanas que celebramos o Samaín, e semella que foran os morcegos e as meigas os que cun feitizo nos levaran a conexión de Internet da escola. De calquera xeito, pensamos que foi unha mañá especialmente bonita, malia que a meteoroloxía deulle un toque excesivamente salóbrego e escuro á celebración. Tivemos de todo: meigas e bruxas, morcegos, vampiros, pantasmas, Frankenstein, almas da Santa Compaña, trasnos, mesmo cabazas andantes. Puidemos disfrutar cos debuxos e coas voces dos nenos e nenas da nosa escola, tivemos música, guitarras e cancións en directo, acompañáronnos a alumnado e mestres unha grande cantidade de nais e pais e mesmo tivemos a visita sempre agradable de Pedro, para nós o mestre de Bemantes sempre que el queira. Foi unha mañá distinta, botamos unha chea de fotos por parte da bruxa invitada, Alba, e en definitiva conseguimos darlle o ambiente axeitado á escola, aínda que algún dos máis pequenos comezou a xornada con susto e choros.
Queremos agradecervos, nen@s, o voso esforzo para que todo saíra así de ben, e tamén queremos agradecerlle ás nais e pais unha vez máis a súa colaboración, agardando ir mellorando as festividades futuras, se tal cousa e posible.
Deixámosvos aquí as imaxes da xornada, agarrádevos, uuuuuuuhhhh!!! e tamén as cancións(ao fin):
A canción Xa chegou o Samaín e Noite de Samaín podedes escoitalas aquí:

Suscribirse a:
Entradas (Atom)